Castellano Galego Mundos subterráneos. Poesía galega e outros farrapos de gaita.

1. Cidade de Ferrol,
berce de enigmas e misterios,
gnomos xubilados,
pantasmas asulagadas,
Comala solitaria ancorada no pasado,
¿por que rexeitas as rosas vermellas
que con tanta paixón cultivadas
traemos dende outros lares para ti?
Se respondes con desdén
ó amor dos nosos fillos,
fuxiremos para sempre de tí,
fuxiremos por terra e por mar,
fuxiremos ría a fóra
deixando ás nosas costas
os castelos da Palma e San Felipe,
fuxiremos carretera de Castela adiante
para non verte endexamais.
Reconsidera aqueles teus voos
de aguia altiva e solitaria
na percura de afastados paraísos
lonxe da patria común.
Reconsidera se te has de ensimismar
nas moreas de cinza daqueles anos
e deixarte sepultar baixo os cascotes
dun Ferrrol Vello que non é,
ou pola contra escoitar esa música
que sae das fiestras e cornisas
da Magadalena modernista,
e ollar a vida que agroma
espertando paseniñamente
dende un ó outro confín
do extenso Ferrolterra.
Non quero que rexurda agora
como foi en tempos idos
a fábrica de xeo do peirao
para envolver con frío e con tristura
o corazón da desolada Amalia.
2. Gracias a Don Perseo por este poema fermoso. Semella coñecer o pasado e o presente da autora, semella coñecer o amor e a historia que mantíven con Ferrol, hai xa uns cantos anos. Este poema foi unha dedicatoria amorosa á cidade, aínda que as veces as palabras poidan dar a entender ó contrario. Penso que aquelo do que se fuxe, moitas veces coincide con aquelo que se ama. Grazas de novo a don Perseo por molestarse en ler este caderno, e agardo que me volva a visitar. Saúdos.
3. o poema é xenial, encantoume.
4. me encanta la poesía a ferrol
creo que tenemos aquí a la nueva rosalía de castro
saludos
5. FERMOSO POEMA, AMALIA, FELICIDADES POLA TÚA SENSIBILIDADE E BELA POÉTICA