Lugo Castellano  Galego  

Amalia Méndez Lombao

Mundos subterráneos. Poesía galega e outros farrapos de gaita.

Paxaro na boca.

17/02/2008

Tíñalo na boca e eu non o vira.


Tíñalo nos ollos,

nos xestos,

nas mans,

pero eu estaba cega.


Quería crer que as nebulosas

son parte do mundo dos humáns,

que podería acaso chegar

a comprender

a linguaxe das estrelas.


Tiñas un paxaro verde na boca.

E eu non o vira.

http://lugo.cidadans.net/Amalia_Mendez_Lombao/2008/02/17/paxaro-na-boca/
7 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. A túa boca
    é unha rosa mergullada
    en augas profundas.

    Publicado Seguidor | 26/03/2008 19:12:22
  • 2. De poeta a poeta
    todo o escrito pare da letra

    Publicado fina | 29/03/2008 16:22:21
  • 3. Na túa lingua
    brilan estrelas infinitas.
    Un saúdo, fermosa

    Publicado Pablo | 29/03/2008 16:26:17
  • 4. un saúdo para a polifacética amy

    Publicado xoan | 30/03/2008 17:26:10
  • 5. amaste un mundo
    que sólo a ti
    te pertenece

    Publicado luis | 31/03/2008 00:43:10
  • 6. so existe unha rosa
    que leve o teu nome
    non morre nin nace
    non perece no tempo

    ti,
    es o tempo,
    a rosa
    a vida
    a morte
    ti
    é-lo todo

    Publicado poeta | 04/04/2008 15:00:48
  • 7. encantame este poema, é sensual, cheo de autenticidade. Un bico para a poeta da Terra Cha.

    Publicado Xoan Xosé | 07/11/2008 12:01:22

Facer comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados