Voute chorar unha bágoa cada día.
17/02/2008
Voute chorar unha bágoa cada día.
Unha perla de auga por cada bico que me deron os teus
beizos de maxia.
Voute chorar no momento en que esperte e saiba que non te
volverei amar.
Voute falar cada día,
aínda que ninguha verba acerte a nomearte para que saibas que existo aínda,
corrompida por ti,
e pola dor que asulaga o vento na búsqueda infinita.
Voute buscar entre os ollos perdidos das xentes,
entre as rúas valeiras
ata borrar as miñas pegadas de sombra.
Bálsamo de efecto alucinóxeno,
cicatriz sempre aberta,
fluxo de dor que levo permanente na gaiola dos sentidos.
Comentarios:
-
1. Felicidadespoeta, bicos
Publicado por: xoanillo | 29/03/2008 16:20:44
-
2. Triste e lindo poema
Publicado por: ana rosa | 29/03/2008 16:21:25
-
3. Lágrimas sólo para aquellos que las merecen,bicos
Publicado por: merchitamarcha | 29/03/2008 16:25:24
-
4. a tinta que derraman
as follas nas que escribes
son ríos agochados
de dor e pesadume
Publicado por: Al | 30/03/2008 17:31:37