Mais eu penso...
04/04/2008
Mais eu penso
ser unha finghidora de esas que nunca se esgotan
de trabucarse unha e máis outra vez,
coma a mula que o moe o trigo perseguindo un fin inexistibel.
Eu sei que ti fuches o verso máis puro,
limpo coma un vento do norte,
sublime como unha nota delicada.
Sei que pode xirar a terra cas suas entrañas supurando volcais
de ira e fame,
mentras me corrompo e me flaxelo na incómoda humidade do afogo.
Pértiga do sono,
ando a saltar as perlas de corazón que aínda me quedan despois de este incendio devastador.
Escríboche porque me fai libre,
igual que cando me escoites,
liberarei esta cadea de morte que me asulaga a lingua,
e me devolve o vómito da irrealidade.
Mírame.
Xa non queda nada de mín.
Só po e ósos,
dous furados negros que devoran a luz coma un vampiro do demo.
Cadanseu rema na sua pateira de prata,
e eu,
cincenta disfrazada de dama agoto lela as poucas tardes felices que me quedan.
Mais falemos de ti.
A única folla que o vento non consegue arrincar da miña ventá,
o rostro único que devolve paz á paz,
fogar ó fogar.
Ti.
Lonxe e dentro,
permaneces latexando a dez metros baixo terra para que o mundo enfermo non contaxie a túa pureza.
A man da noite doce pousouse no teu rostro da luz.
E foi ela quen che falou.
Comentarios:
-
1. esta rapaza dalle a música e a poesia!!un saúdo
Publicado antonio | 07/04/2008 17:12:12
-
2. saludos para la cantante-poeta
Publicado robert | 07/04/2008 17:13:08
-
3. bo poema, bicos
Publicado roberto | 13/04/2008 14:27:11