A estrela fala na noite.
16/06/2008
A estrela fala na noite.
O cuarto escuro dialoga ca negrura.
Os beizos mollados.
A lúa encarnada.
Un Lorca colgado
da miña gorxa xeada.
Hoxe falou unha estrela
da morte na verde auga.
Colleume doce,
bicoume branca.
Hoxe morreume
a miña estrela dourada.
© Copyright 2008 Amalia Méndez Lombao. Todos os dereitos reservados. Obra rexistrada no Rexistro da Propiedade Intelectual.
Comentarios:
-
1. Qué poema tan sentido!Gústame a túa páxina. Bicos.
Publicado por: Lara | 18/08/2008 15:22:56
-
2. gustanme as fotos pero máis os poemas. bicos poetisa
Publicado por: admirator | 19/05/2009 13:11:06
-
3. bonitas palabras, falas co corazón,saudos
Publicado por: ani | 02/11/2009 13:53:12