Lugo Castellano  Galego  

Amalia Méndez Lombao

Mundos subterráneos. Poesía galega e outros farrapos de gaita.

Eu ameite.

17/02/2008

Eu ameite.

Fuches O ÚNICO.

Ameite e non souben remedialo.

A destrucción ou a palabra.

Delirabas tinxido de fame por mín.

E eu sentíame unha estrela disonante pousada nos teus beizos de cráter e nácar.


O amor do mar.

Mil castelos de San Felipe dialogando co horizonte.


A cor do mar,
o teu rostro raguñando na estela do sono.


Eu ameite.


Unha chuvia de luz perforando o corpo,

e sempre eras ti,

xenuino e salvaxe,

gadaña dourada abríndome-verdes-azuis suores de lúa,

esculcándome,

e o mesmo demo-cabalo ficaba pracenteiro no furado do

universo.



Eu che dicía “único”.

Che susurraba “enteiro”.

O meu amor-dor-veleno,

que ti bordabas nas páxinas de salitre do meu libro antigo

furado de tesouros.

http://lugo.cidadans.net/Amalia_Mendez_Lombao/2008/02/17/eu-ameite/
5 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. un poema increíble. mucho dolor y belleza. un saludo poetisa!!

    Publicado ana | 26/03/2008 19:13:27
  • 2. Todo o amado é perenne,
    doce
    e malvado.

    Publicado Carlitos36 | 29/03/2008 16:23:59
  • 3. Moita sensibilidade, bicos poetisa

    Publicado xosé | 30/03/2008 17:27:58
  • 4. hai un tesouro agochado
    na túa boca de fresa

    Publicado soñador | 31/03/2008 00:44:05
  • 5. o teu corazón é o máis grande
    e profundo misterio
    que aborda os ollos
    dun home

    bicos

    Publicado admirator | 31/03/2008 00:54:15

Facer comentario


 

(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados