Libros libres o mércores 18 no CALMA
luns, 16 de xuño de 2008 12:59
Van quedar libres novos títulos:
- Libro de las cosas maravillosas, Marco Polo
- O pobo de noite, Manuel Rivas
- Single story, Suzanne Schlosberg
- Qué raros son los hombres, José Ovejero
- Grouñidos en el desierto, Ventura- NIeto
- Seguridasosiá, Maikel
- David Golder, Irene Nemirovsky
máis o que consigamos acumular...¿non vos animades a ir de caza?
Reunión Bookcrossing
mércores, 11 de xuño de 2008 10:44
O vindeiro mércores 18 ás 19h o grupo BOOKCROSSING de Lugo vaise reunir para INTERCAMBIAR LIBROS no Calma, de Campo Castelo.
Así que xa sabedes: se vos apetece vir e tomar algo con nós, somos xente moi sociable, jeje...ademais poderedes levar algún libro para ler libremente, ou tamén traer os vosos propios libros e compartilos.
É gartis, de balde, sen coste ningún...LIBROS LIBRES!!!
Temos un andel ben chulo...esperámosvos
Mércores 23, DIA DO LIBRO
domingo, 20 de abril de 2008 22:13
O vindeiro mércores 23, DÍA DO LIBRO, imos celebrar a nosa xuntanza mensual para celebralo.
Quedamos no CALMA (Campo Castelo) ás 19:30 h para liberar libros e festexar o día como merece. Se queredes pasar, é totalmente gratis e podedes levar algún libro como agasallo e coñecer o movemento BOOKCROSSING.
Nestes días irmos colgando os títulos que han quedar libres, así que se tes interés, lembra que daremos pistas por se facemos unha búsqueda do tesouro
Valo perder?
4 LIBROS no Calma
luns, 31 de marzo de 2008 10:39
O vindeiro mércores quedarán libres:
- Las Nueve revelaciones (James Redfield)
- El matemático del rey (Juan Carlos Arce)
- Dos historias para no dormir (Stephen King)
- Cosmética del enemigo (Amélie Nothomb)
no Calma de Campo Castelo, a partires das 19h.
Sorte e boa caza!
+ ver máis >>