Castellano Galego
Esta semana gustaríame lembrar a iniciativa Bookcrossing que foi xerme deste blog e que permite compartir libros de balde e dun xeito moi libre.
Inicialmente a idea é a de facer do mundo unha biblioteca e así podermos atopar onde sexa, un libro. Pero o Bookcrossing leva consigo moitas outras actividades relacionadas ca lectura, coma un foro na internet moi participativo, reunións dos beceiros (integrantes de Bookcrossing) nas distintas cidades do mundo, liberacións de libros ou compartir libros formando cadeas de lectores.
Falando coma lectora, esta última idea é unha das máis enriquecedoras, xa que permite coñecer autores e libros que doutro xeito nunca tiveramos lido.Ás veces pechámonos arredor dun autor ou estilo, cando o mundo da lectura é infinito. Agora mesmo leo Tesis sobre un homicidio, novela dun autor arxentino que non está publicada en España e que sería unha proposta magnífica para isto que ando a contar. Algo que polos azares dos editores non se publica aquí, pode chegar aos lectores que se animen.Bookcrossing globalizando, ¿non me negarán que é algo a lo menos positivo?
Contareilles para picar na curiosidade, que o autor Diego Paszkowski conta cómo un avogado excelente asiste a un seminario impartido por un prestixioso criminalista para demostrarlle que a xustiza é imposible. O profesor sabe que o seu alumno é o asasino, pero non o pode probar.Lectura máis que recomendable.
Persoalmente direilles que cada vez que alguén viaxa a un país do que coñezo a fala, pido que me traian libros. A saber cántas cousas nos perdemos por un editor que non tivo bo tino.
Penso que me gustaría vivir nunha cidade que realmente apostara pola cultura. E Lugo pode facelo, pero hai tantos favores...Estupendo sería convertir esta páxina nun encontro mensual no que alguén nos contase cousas relacionadas co libro, por exemplo. Igual é unha fantasía persoal.
Hoxe para rematar, lémbrolles que do 20 ao 23 de Maio terá lugar en Porriño o Festival de cans. Unha das poucas iniciativas culturais made in Galicia. Falaremos máis dela.