Lugo Castellano  Galego  

Lugo lee

Pon o L e empeza a vivir cos libros

Libros, como non

29/05/2009

Non sei se comenzar falando da Feira do libro de Lugo, ou simplemente non merecerá a pena. Pasei un par de días polas casetas e a verdade é que, sin coñecer cómo foron as vendas, ó resto é bastante desolador. Gustaríame que algún ano se fixera algo diferente, que o programa ofrecera, por exemplo, máis actividades para os adultos; gustaríame que a feira fose algo máis dinámico e participativo; gustaríame que mercar non fose o único obxectivo.

Exemplos hainos a moreas. Miren, esta fin de semana, hai festa en Serralves e coincide coa feira do libro...librarías e editoriais con casetas propias e actividades para volver un ano tras outro. Non é cuestión de cartos, é cuestión de vontade e organización.

Xa saben que este blog está moi vinculado a Bookcrossing e aí veño de ler unha nova iniciativa ao respecto: o bookcrossing atlético. Divertido cando menos (grazas Kandpalleiro).

Por costume teño comentar o que ando a ler.

Aparte de que Benedetti ocupa estes días un lugar especial e sempre retomo os seus poemas por sensibles coma ningúns e francos (Poemas de otros); din cunha novela dalguén coñecido noutro eido. Trátase de Amantea, de David F. Cantero, o presentador do telediario da 1.Inda non a rematei, pero é un experimento interesante que deberei valorar ao final. Iso si, o estilo non lle "pega" nada á imaxe que da este home pola tv.

Pasen boa fin de semana logo.

http://lugo.cidadans.net/LUGOLEE/2009/05/29/libros-como-non/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aún no hay Comentarios para esta anotación...

Publicar un comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fijar cookies para el nombre, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados