Lugo Castellano  Galego  

Urbanismo en Lugo

De como se pode facer de Lugo unha vila exemplar

De escándalos urbanísticos

27/07/2007

Cando falo da falla de miras (ou de escrúpulos, que tamén pode ser) dos gobernantes, refírome a cuestións como a que se pode ver na foto. Mostra a parte de atrás da avenida das Fontiñas (antigo Carrero Blanco), vista dende o paseo do río Rato, sí, incrible pero certo, o que hai ao outro lado da estrada é un paseo xunto a un río. A imaxe fala por sí soa.

Poderíamos dicir que esta clase de situacións ocorrían antes que non se valoraba tanto o entorno, pero non nos enganemos: ISTO NON ERA ASÍ EN TODAS PARTES. A avenida das Fontiñas foi construída maioritariamente nos 90. Nesa mesma época, vilas como Vitoria estaban xa a facer zonas como a nosa Aceña, é dicir, con rúas anchas, sen murallas de edificios, e, por favor, ¡tendo en conta os desniveis do terreo á hora de consentir o número de plantas (e non permitindo rematar os edificios só por diante)!

Pero volvemos ao de sempre, OS LUGUESES NON TEMOS AUTOESTIMA. Parécenos normal que ocorran aquí esas cousas, que vaiamos á cola en cuestións estéticas, urbanísticas ou do que sexa e ¡así non se cambian as cousas!

http://lugo.cidadans.net/Nimeria/2007/07/27/de-escandalos-urbanisticos/
1 Comentario - Enviar comentario

Redensificar as vilas

23/07/2007

Unha das cuestións máis de actualidade en cuestións urbanísticas hoxe en día é o concepto de REDENSIFICACIÓN DAS VILAS. ¿Qué é isto? Básicamente, consiste en demoler a vivenda pequena e cutre, de baixa calidade, e reedificar as manzanas seguindo criterios de habitabilidade e de calidade de vida. Búscase con isto, sobre todo, que os centros das vilas non queden valeiros ou se convertan en guetos, mentres que a clase media emigre cara as aforas, convertendo as vilas en “donuts”.

En Lugo, esto sería aplicable a barrios coma o da Milagrosa, o Sagrado Corazón, Paradai ou o Miño. Pero parece que só estamos sensibilizados con que hai que rehabilitar o de dentro de murallas. Esta idea pretende ir máis aló e asume que hai zonas que non ten sentido rehabilitar, senón reconstruir, seguindo criterios urbanísticos razonables e cun plantexamento global previo.

E disto non teñen toda a culpa as constructoras. O que é obvio é que estas empresas tratan de obter os máximos beneficios e punto. De modo que han de ser os gobernos quen lles poñan límites e lles impidan facer barbaridades. Pero isto é un tema longo e compricado, entraríamos xa a falar do plan xeral de ordenación urbana, da necesidade de vivenda protexida… mellor deixalo para outro día.

http://lugo.cidadans.net/Nimeria/2007/07/23/redensificar-as-vilas/
1 Comentario - Enviar comentario

O botellón e o parque de Rosalía

22/07/2007

Como xente nova que son, dende o punto de vista sociolóxico defendo o botellón, que ven ser unha continuación lóxica e barata do que os galegos sempre fixemos: irnos de viños.

Agora, todos sabemos que os nosos dereitos rematan onde comezan os dos demáis. E a min PONME ENFERMA pasear polo parque hoxe en día, ver o chan cuberto por cristais (que xa hai tantos que para limpar iso é preciso aspiralo todo) ou peor aínda, atopalos agachados entre a herba. Do mesmo modo paréceme obsceno ver as botellas de ron e whisky nas papeleiras cos pequenos correndo arredor. ISTO TEN QUE CAMBIAR.

Propoño o seguinte plan que debería satisfacer a todo o mundo:
1) Unha limpeza a fondo do parque.
2) Un prazo dun mes, informando á xuventude de que se volve haber cristais no chan, ou o lixo non é botado nos contenedores da rúa, prohibirase o botellón.
3) Ao cabo do mes, comprobar os efectos e tomar as medidas oportunas.

Pero como a todos hai que esixirlles, pídolle ao Goberno: ¡EFICACIA!

http://lugo.cidadans.net/Nimeria/2007/07/22/o-botellon-e-o-parque-de-rosalia/
0 Comentarios - Enviar comentario

De aparcadoiros

21/07/2007

Un dos máis grandes problemas que ten esta vila é a cuestión dos APARCADOIROS. Chega ata o punto que a meirande parte das rúas están ateigadas de coches, dificultando, en moitos casos, o tráfico vial. O problema ten variadas e non sempre sinxelas solucións, pero algunhas serían:

¿Cómo é posible que zonas de nova construción coma Augas Férreas xa estean saturadas de coches en dobre fila? Isto mostra unha gravísima falla de planificación. Por riba, hai que ter en conta que as novas oficinas da seguridade social vanse instalar nas proximidades desa praza. Tal vez a solución neste caso tería pasado por incluír un aparcadoiro subterráneo baixo da praza.

Outro asunto que me molesta moitísimo é o dos aparcadoiros superficiais: Na Aceña de Olga podemos ver varios, de modo que, unido a que todos os edificios teñen garaxes, evita todo problema de aparcamento na zona.
Pero, ¿QUÉ PASA NO RESTO DE ZONAS DE LUGO? Por Garabolos estase a construír masivamente e non se contempla ningunha área deste tipo. E o mesmo digo pola Abella. Isto levará a que en poucos anos teremos conflitos que xa serán moi difíciles e caros de solventar.

http://lugo.cidadans.net/Nimeria/2007/07/21/de-aparcadoiros/
0 Comentarios - Enviar comentario

De auditorios

20/07/2007

Descubrín con gran sorpresa antes das últimas eleccións do 27M, que o único punto onde estaban de acordo os tres candidatos era na situación do novo auditorio: San Fernando,sen lugar a dúbidas. Aludían que era un lugar emblemático, situado no centro da vila e, ademáis, sen maior utilidade. Non me vou meter en asuntos arquitectónicos, que si hai que escavar no chan para que non sexa máis alto que a muralla, etc, as miñas dúbidas van por outros lares:

Eu pregúntome, se pretendemos que o futuro auditorio sirva para que as infraestruturas non supoñan un problema á hora de traer compañías teatrais... ¿cómo imos meter un trailer cos decorados, vestiarios e toda a parafernalia propia dunha gran compañía, na pequena praza do Ferrol? Din que habería sitio por detrás. Vale, e daquela, ¿onde vai aparcar todo o mundo cada vez que vaia ver un espectáculo? ¿No aparcadoiro subterráneo?

Observo como foi edificado o Auditorio de Galicia, en Santiago e comprobo que se atopa nunha grande extensión de terreo, con moitísimas prazas de aparcamento, tamén para autobuses escolares, excursións, e por riba de todo, tamén xunto a un aparcadoiro subterráneo. Vilas coma Viveiro, Ribadeo e, sobre todas, Vilalba, teñen casas da cultura con moitas máis miras ca o noso cuartel.

Por iso eu plantexo: ¿Non sería moito mellor facer un pequeno centro de exposicións no cuartel, para presentacións de libros, monólogos de cómicos e diversos asuntos que concentren a pouca xente, e un bo auditorio, coma deus manda, nalgunha parte con espacio de sobra, boa sonoridade, onde algún día poidamos escoitar mesmo ópera nesta vila?

http://lugo.cidadans.net/Nimeria/2007/07/20/de-auditorios/
0 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados