Lugo Castellano  Galego  

Urbanismo en Lugo

De como se pode facer de Lugo unha vila exemplar

De auditorios

20/07/2007

Descubrín con gran sorpresa antes das últimas eleccións do 27M, que o único punto onde estaban de acordo os tres candidatos era na situación do novo auditorio: San Fernando,sen lugar a dúbidas. Aludían que era un lugar emblemático, situado no centro da vila e, ademáis, sen maior utilidade. Non me vou meter en asuntos arquitectónicos, que si hai que escavar no chan para que non sexa máis alto que a muralla, etc, as miñas dúbidas van por outros lares:

Eu pregúntome, se pretendemos que o futuro auditorio sirva para que as infraestruturas non supoñan un problema á hora de traer compañías teatrais... ¿cómo imos meter un trailer cos decorados, vestiarios e toda a parafernalia propia dunha gran compañía, na pequena praza do Ferrol? Din que habería sitio por detrás. Vale, e daquela, ¿onde vai aparcar todo o mundo cada vez que vaia ver un espectáculo? ¿No aparcadoiro subterráneo?

Observo como foi edificado o Auditorio de Galicia, en Santiago e comprobo que se atopa nunha grande extensión de terreo, con moitísimas prazas de aparcamento, tamén para autobuses escolares, excursións, e por riba de todo, tamén xunto a un aparcadoiro subterráneo. Vilas coma Viveiro, Ribadeo e, sobre todas, Vilalba, teñen casas da cultura con moitas máis miras ca o noso cuartel.

Por iso eu plantexo: ¿Non sería moito mellor facer un pequeno centro de exposicións no cuartel, para presentacións de libros, monólogos de cómicos e diversos asuntos que concentren a pouca xente, e un bo auditorio, coma deus manda, nalgunha parte con espacio de sobra, boa sonoridade, onde algún día poidamos escoitar mesmo ópera nesta vila?

http://lugo.cidadans.net/Nimeria/2007/07/20/de-auditorios/
0 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

    Aínda non hai Comentarios para este post...

Facer comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados