Castellano Galego
Un dos máis grandes problemas que ten esta vila é a cuestión dos APARCADOIROS. Chega ata o punto que a meirande parte das rúas están ateigadas de coches, dificultando, en moitos casos, o tráfico vial. O problema ten variadas e non sempre sinxelas solucións, pero algunhas serían:
¿Cómo é posible que zonas de nova construción coma Augas Férreas xa estean saturadas de coches en dobre fila? Isto mostra unha gravísima falla de planificación. Por riba, hai que ter en conta que as novas oficinas da seguridade social vanse instalar nas proximidades desa praza. Tal vez a solución neste caso tería pasado por incluír un aparcadoiro subterráneo baixo da praza.
Outro asunto que me molesta moitísimo é o dos aparcadoiros superficiais: Na Aceña de Olga podemos ver varios, de modo que, unido a que todos os edificios teñen garaxes, evita todo problema de aparcamento na zona.
Pero, ¿QUÉ PASA NO RESTO DE ZONAS DE LUGO? Por Garabolos estase a construír masivamente e non se contempla ningunha área deste tipo. E o mesmo digo pola Abella. Isto levará a que en poucos anos teremos conflitos que xa serán moi difíciles e caros de solventar.