Castellano Galego
En primeiro lugar, quixera amosar o meu agradecemento ao Concello de Lugo pola oportunidade que temos os cidadáns de crear os nosos cadernos de bitácora dende unha plataforma por e para a cidadanía, onde todos temos a oportunidade de escribir de moitos e variados temas. En segundo lugar, pido desculpas pola demora en escribir as miñas primeiras liñas nesta humilde tribuna, pero ás veces o devenir diario fai difícil deterse,reflexionar e deixarse levar pola morea de pensamentos que enchen a túa mente e que desexarías envialos a cabalo das ondas do mar proceloso.
Por outra banda, os meus escritos versarán fundamentalmente sobor da cidade Lugo pero non exclusivamente,deste xeito tamén deixarei espazo para temas provinciais, autonómicos e nacionais.
Tamén quero deixar constancia de que aínda que o meu caderno teña o título en galego e que as miñas primeiras liñas son na língua de Rosalía tamén farei uso da outra língua oficial da nosa Comunidade: O castelán.Creo firmemente no bilingüismo de Galicia e a enorme riqueza que iso supón para unha comunidade autónoma.
Por último,reseñar que no "Diario de Rodo" haberá espazo para moitos e variados temas que podan suscitar o interese da cidadanía ou polo menos eso tentaremos dende este humilde barco que xa se dispón a iniciar o seu percorrido coa ilusión de encher de experiencias este caderno e de atopar outros intrépidos lobos de mar.
O rumbo xa está marcado.Feliz viaxe.