Castellano Galego Velaí que si, que moi ben. Que o día dezasete deste mes de xuño no muiño do Rañego en Vilalba de Lugo,Terra Cha de tantos e de diremos que de todos, convocados pola Fundación Manuel María e por Xermolos, tamén coa asistencia da nosa militancia en Galiza, celebraremos o nomeamento merecido de CHAIREGO DE HONRA para o poeta do mar e terra, sima-cima do voar do todo,BERNARDINO GRAÑA, Villar como así lle dicía con este chamo Manuel María ao noso homenaxeado.Tod@s quen poidan debesen estaren en Vilalba o dezasete ( sería ben avisarlle aos de Xermolos de Guitiriz , aos de Alfonso Blanco Torrado ou a outros do seu redor, chairegos honorabeis, como Mini, Mero, Xulio Xiz, Marica Campo,etc.).Bernardino Graña é merecente de tal distingo de honra pois os merecementos son tantos e tan fondos que xustifican calquera nomeamento ( aínda que así non parece entendelo a RAG que nin á de tres é quen de colocalo nun escano desa agora honrosa institución desta nosa nación do noso pobo...o do galego a mellor ser).Pois ben, seguimos, Bernardino Graña, mozo sempre, espilido enxeño, ricaz manantío de lingua nacional como bandeira definitoria que determina, debe estar no marabilloso ser dese coro oural de voces e conductas que conforman aos chairegos de honra.Non falo en entusiasmo de nomeamento, falo en equilíbrio de pertencer a un pobo que é nación, a Galiza, a cal mantén fill@s de variada existencia e tenos tamén excelentes, exemplares referentes, moi necesarios, para ir de camiño na esperanza da súa afirmación como de seu e de nós. Adiante chaireg@s...adiante amig@s e concorramos o dezasete na celebración obrigada, excelencia normalizada en nomeamento emerxente de BERNARDINO GRAÑA ( Villar) como CHAIREGO DE HONRA. Tod@s ao Rañego. Que non falte quen deba, que non falte quen ten que estar.