Lugo Castellano  Galego  

A RAXEIRA

xente á mira

ADIANTE E SEN PERDA DE TEMPO

11/06/2006

Nestes blogs e noutros, en máis lugares, tod@s quen o sintan e se sintan debemos dar mostras e poñer á mira o que somos por corazón e identidade. Non escapemos polas pólas, nin esteamos en tantos encrucillamentos, adiante co que queremos, así mesmo pois co que somos e que todo teña o que debe desde alimpeza e maila coherencia.Lugo é unha cidade galega, moito, referente de conservación, non de conservadurismo inmobilista, que isto é fariña doutra maquía,repito que Lugo e unha cidade galega, referente, e iso ten que establecerse na mira dos demáis, na dos da casa, para estimular o proceso, pois nel andamos, de normalización social ( que engloba a todo ooutro).Lugo aos galegos e ás gañegas non pode explicarse en español ( aínda que si, que si é ben certo que para os doutros lugares debemos habilitar códigos de comunicación e mesmo de unión de diferencias, recursos, idiomas de relación, pero sen perder un tanto así do noso, o galego, de obrigada instalación, pois @ galeg@ que non observe o uso da súa Lingua, do seu Idioma, está contravindo a lei natural do pobo, da comunidade, da nazón, da universalidade, si, desa que se constrúe plural dende a singularidade, dende as diferencias.Poido dicir que Galiza, pasando o Deza cara ao leste, Ovieu, León,etc., ten unha característica definitoria de purísima identidade de nós. O da parte de alá cara ao mar xa vai en costa abaixo, perdéndose, como así lles pasa aos irmáns portugueses pasado Coímbra cara abaixo. Estamos nun solar, dinnos, por mor dese cacaraxeda " progreso". A mestizaxe é unha moda, un invento, a irmandade dos pobos unha verdade innegabel.O mesmo que iso da globalización ( meter nun saco ben grande para que todos fagan igual), un invento interesado. A Universalidade si é unha realizade, un desexo de verdadeira construcción dende as diferencias. O Mundo dos POBOS.Velaí. Pois ben...Lugo non debe, nin pode, sres do goberno da cidade, e cert@s veciñ@s, uns cantos,explicarse, nin vivirse, en español.Lugo ten idioma de identidade e debe ter iso si idiomas de relación, que servan de comunicación cós de fóra, pero...os da casa son espúreos? son de fóra? ( poida que vivan nas aforas, pero iso é honra e veciñanza, nada de menos por ser de estramuros, nada de nada. Adiante pois que Lugo faga soar o seu idioma de verdade, normalizándose, normalizando. E en vidas de honra e de xustiza. Equivocándose mesmo, que é humano, desta terra e reino, pero non metendo a man onde non se debe, non metendo a man...

http://lugo.cidadans.net/TERREBOREDO/2006/06/11/adiante-e-sen-perda-de-tempo/
1 Comentario - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Son galego de nacemento, con pai, mai, abos, e todos os que eu recordo galegos. Algo que me aprendeu a miña familia GALEGA foi, que os teus amigos son os meus amigos. Eso me marco desde muy pequeño, nunca lo he olvidado, mucho menos cuando estamos empezando a quitar fronteras, cuando luchamos en contra de la senofobia, buscando la igualdad que muchos nunca han reconocido pero siempre ha estado.
    A lingua galega sempre estivo entre nos, porque agora que no mundo andamos procurando a paz, buscamos a guerra co galego.
    Vivimos en un mundo libre, la libertad es poder elegir, nunca la imposicion.

    Publicado jod | 12/06/2006 01:29:34

Facer comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados