Castellano Galego O veciño, supoño, que asina " rueiro", mídeme a opinión, o que expoño que iso pretende ser e non " opinante" como dicía Unamuno,pois ben, nada determinista, mándame mercar un bosque e perderme nel e eu, logo de lelo, que se me falase escoitariao ( non sei se el faría outro tanto), vou e digo que " nin o merco, nin me perdo nel xa que logo...". Está moi claro.O veciño, quizabes algún día amigo, que eu deixo a porta aberta,non sei que lle pasa para despacharme así polo que expoño con toda fe e crencia e sen ánimo de vencer a nada, nin a ninguén, quizabes, aínda que a el non lle guste, si pretendo convencer, aínda que tampouco quero ser un predicador de nada, pois a ninguén pretendo meter polo rego do que eu creo e penso, pero si estou no absoluto DEBER de dicir o que penso e quero, pois para iso están estas portas abertas ( máis que ventás, pois estas son propias de estados reféns). O veciño " rueiro" pode ( eu non llo nego) dicir, escribir, que fixo, pero debese pensar no ton que se le ( ou que se escoitaría) e así poida que se decate que un non é coma outro e este non é coma min.Eu non nego a ninguén. Non o invito a mercar nada para que un asunto público se volva privado ( ou de capricho). Eu non atento a ningunha convivencia por declararme galego de idioma e de nación, de identidade xa que logo e de expoñer o que me gustaría e creo que serve para maior felicidade ( non disfrute soamenete) de todos e non duns poucos que fan chiste da desgraza do que quere ser libre e privilexio da dobrez de lombo do submisó. Confunde. Non mande a ninguén mercar para facer. Facer faise no de tod@s. No noso ( de tod@s e meu). Eu para expresar e vivir quen son non teño que me perder. Non teño que ser anónimo. Non teño que acubillar noutro e agardar a mellores tempos.Sempre e por sorte gocei de "mestres" que me orientaron e que, dende a responsabilidade absoluta e do respecto, me facilitaron o traxecto do meu (noso) proxecto de dignidade.Non vou mercar nada, e menos un bosque, pois o osíxeno fai falla para todos e eu, que podería mercalo, pois sóbranme medios para iso, nunca o farei en réxime de parcela privada con garda de seguridade para que me atalle calquera que me queira contrastar ou debatir. Eu non son propiedade privada. Nin couto.Nin chamo ao guindastre por un quítame de aí o coche que me estorba cando o meu está fóra coma o del. Non me perdo, non quero perderme, quero participar,aínda que discrepe, que iso non é ir á guerra. Quero estar ao lado, brazo a brazo, coa miña voz e dende quen son, alma de aldea da igrexa de Xesús Cristo liberador. Eu non mando ao inferno. Nin a ninguén que se merque a xubilación con plans exclusivos. Tampouco quero que se perda ninguén coas súas ideas. Velaí a miña man coma outra. Sempre en nome de Deus ( e non en van coma outr@s).Seguirei.
1. Chico, tienes una empanada mental de cuidado en la cabeza.
Haztelo mirar.
2. Antonio...vas ben...segue...e mira. Algo sempre queda. Aínda que soamente sexa música, pois letra...
3. Antonio...gústame o teu estilo...idiomaticamente impecabel para ti. Para min, xa vexo...e case, case...que xa sei.Empanada de xoubas. Diarrea bacteriolóxica para quen?
4. Antonio... rifador... risco... xoubas... touciño... velocidade...
diarrea... colicos...
MAZÁS COMA PUÑOS
5. Isto dá pouco de si e hai que irse. Non todos andamos polos mesmos lugares e aínda o mar non ten barandas, pero haber hainos que son lerchos e de pouca fianza.