Castellano Galego
Hai días nos que costa tirar para diante...
Días nos que parece que todo se pon na túa contra...
Momentos nos que non tes ganas de nada, so ganas de desaparecer e olvidarte de todo e de todos...
Días difíciles...
E qué facer neses días?
supoño que tirar para diante e esperar a que no día seguinte saia o sol ...
"O segredo da felicidade non está en facer sempre o que un quere senon en querer sempre o que un fai"
É unha frase boa para adicarlle un ratiño e pensar...
Recoñezo que hai moita razón nela, pero tamén confeso que é moi dificil querer sempre o que se fai, ninguén fixo algunha vez cousas que non lle apetecían pero que consideraba que debía facelas???
Sei que é unha boa premisa para acadar a felicidade pero creo que imposible, ainda que o que a siga o maior número de veces acadará unha tranquilidade e satisfacción consigo mesmo dificilmente superable.
E tí, que pensas??
Teño dúas premisas polas que me movo pola vida:
1. Carpe Diem: hai que vivir cada momento como se sinta no interio dun.
2. Non fagas nunca o que non che gustaría que che fixesen.
Pero que pasa se a primeira premisa se contradice ca segunda???
Que se fai entón???
Cal se antepón???