Lugo Castellano  Galego  

Caderno de Diego

XA PODES VISITAR O MEU BLOG: www.blogdeluaces.blogspot.com

Benvida ao meu novo blog e ao 2008

17/01/2008

Cando fai uns días que comezou o ano 2008 quero escribir o meu primeiro comentario no que a partir de agora será o meu blog: www.blogdeluaces.blogspot.com. Xa que seguindo o que di o refrán "Ano novo, vida nova" comezo a escribir neste novo blog. E unha das razóns fundamentais é que quero que todos e todas me poidades deixar os vosos comentarios con máis facilidade. Ou tamén se queredes poderedes facelo de maneira anónima. Porque para min unha cousa moi importante dun blog é que as persoas que o visiten poidan opinar libremente.

Por todo isto considero que este cambio de blog é necesario. Xa que a moitas cousas chégalles un momento no que teñen que cambiar, algo que pode ser por diversos motivos. Incluso tamén as persoas podemos cambiar, no sentido en que pode cambiar a nosa forma de ver e entender a realidade que nos rodea. E debemos cambiar cando o cambio é positivo porque serve para mellorar a situación actual na que nos atopamos.

Quero aproveitar o meu primeiro comentario para comezar cunhas verbas de felicitación para todos e todas, desexándovos que pasedes un próspero 2008. Un ano no que agardo que se fagan realidade tódolos nosos soños para mellorar as nosas vidas. Así que recibide os meus mellores desexos para este ano que acaba de comezar.

Deste xeito este comentario é de benvida deste ano e deste blog. Polo que cos meus mellores propósitos para este novo ano e o novo blog douvos a miña benvida a todos e todas. E eu anímovos a que o visitedes e se queredes que me deixedes as vosas opinións. Así que agardo que non me falledes e que sigades sendo lectores dos meus comentarios neste novo blog no 2008.

XA PODES VISITAR O MEU BLOG: www.blogdeluaces.blogspot.com

http://lugo.cidadans.net/diegopenaluaces/2008/01/17/benvida-ao-meu-novo-blog-e-ao-2008/
1 Comentario - Enviar comentario

Felicitación, agradecemento e despedida

19/12/2007

Cando faltan poucos días para que remate o ano 2007 quero escribir o meu último comentario neste blog. Xa que seguindo o que di o refrán "Ano novo, vida nova" pecharei este blog e comezarei a escribir nun novo blog, pero isto será xa no 2008. E unha das razóns fundamentais é que quero que todos e todas me poidades deixar os vosos comentarios con máis facilidade. Ou tamén se queredes poderedes facelo de maneira anónima, algo que ata o de agora neste blog non era posible. Porque para min unha cousa moi importante dun blog é que as persoas que o visiten poidan opinar libremente.

Por iso considero que o cambio de blog é necesario. Xa que a moitas cousas chégalles un momento no que teñen que cambiar, algo que pode ser por diversos motivos. Incluso tamén as persoas podemos cambiar, no sentido en que pode cambiar a nosa forma de ver e entender a realidade que nos rodea. E debemos cambiar cando o cambio é positivo porque serve para mellorar a situación actual na que nos atopamos. Todo isto é o que me motiva a realizar este cambio de blog.

E ademais con este comentario quero aproveitar para rematar cunhas palabras de felicitación e agradecemento para todos e todas, que vos dedico especialmente as persoas que fostes fieis lectoras dos meus comentarios. Deséxovos que pasedes un Bo Nadal e un Próspero Aninovo 2008, que veña con moita paz, amor e ledicia para todos e todas. Así que recibide os meus mellores desexos para o 2008.

Polo que este comentario é de despedida deste ano e deste blog. Polo que cos meus mellores propósitos para o novo ano e o novo blog despídome de todos e todas vos ata o 2008, cando en xaneiro comece a escribir no meu novo blog. E eu anímovos a que o visitedes e se queredes que me deixedes as vosas opinións. Así que agardo que non me falledes e que sigades sendo lectores dos meus comentarios no meu novo blog no 2008.

NOTA: Con este comentario refírome ao meu blog na actualidade: http://diegopena35.spaces.live.com

http://lugo.cidadans.net/diegopenaluaces/2007/12/19/felicitacion-agradecemento-e-despedida/
0 Comentarios - Enviar comentario

Un compromiso coa accesibilidade

03/12/2007

Coincidindo que hoxe é o Día Internacional e Europeo das persoas con discapacidade quero manifestar en nome da Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva de San Xoán de Tirimol, da que son Secretario, que esta entidade ten un firme compromiso con tódalas persoas que padecen algún tipo de discapacidade ou diversidade funcional. E como responsables das instalacións veciñais da parroquia de Tirimol é para nos unha prioridade a accesibilidade destas instalacións.

E concretamente a comezos deste ano puxémonos en contacto coa Asociación Auxilia motivo á campaña conxunta que realizan co Concello de Lugo para concienciar e informar sobre a accesibilidade no noso municipio. E veu a visitarnos o seu Coordinador Local, Manuel Piñeiro, para comprobar a accesibilidade das nosas instalacións. Polo que lles queremos agradecer ao Concello de Lugo e a Auxilia a atención que nos prestaron para axudarnos e indicarnos os aspectos nos que temos que traballar para lograr a accesibilidade.

E nestes momentos estamos a levar a cabo un proxecto de accesibilidade destas instalacións, debido ao que imos a facer unha rampla de acceso para o Local Social de Tirimol, entre outras actuacións. Porque estamos convencidos de que calquera veciño debe de ter dereito a acceder ás instalacións sen atoparse ningún tipo de atranco que llo impida. Polo que estamos a traballar para que as nosas instalacións sexan accesibles para todos e todas o antes posible.

NOTA: Para ver máis información poden visitar o meu blog: http://diegopena35.spaces.live.com

http://lugo.cidadans.net/diegopenaluaces/2007/12/03/un-compromiso-coa-accesibilidade/
0 Comentarios - Enviar comentario

O día 25 de novembro

26/11/2007

O 25 de novembro é o Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres e o Día das persoas "sen teito". Son dúas conmemoracións que nos deberían de invitar a todos e todas á reflexión. Eu penso que ante todo hai que ter en conta de que en ámbolos dous casos, mulleres maltratadas e persoas sen teito, estamos a falar de seres humanos que teñen dereito a unha vida digna, como calquera outra persoa.

No caso das mulleres maltratadas temos que darlles todo o noso apoio e loitar para que estes asasinatos rematen, para que os covardes dos seus maltratadores deixen vivir a estas mulleres. E ademais disto hai que seguir traballando para conseguir a igualdade efectiva entre as mulleres e os homes en tódolos ámbitos.

E en canto as persoas sen teito, tamén teñen o mesmo dereito que calquera outra persoa a ter garantidas as súa necesidades básicas, como son comer, un teito, etc. Pero ademais disto, tamén precisan do noso cariño e afecto, como calquera outro ser humano, xa que é unha necesidade vital máis das persoas.

En definitiva, tódalas persoas teñen dereito a unha vida digna: sen malos tratos, a unha igualdade de oportunidades e cunha atención das súa necesidades vitais.

NOTA: Para ver máis artigos podedes visitar o meu blog: http://diegopena35.spaces.live.com

http://lugo.cidadans.net/diegopenaluaces/2007/11/26/o-dia-25-de-novembro/
0 Comentarios - Enviar comentario

O Servizo 010 do Concello de Lugo

16/10/2007

Dende a posta en marcha do Servizo 010 do Concello de Lugo os cidadáns de Lugo podemos comunicarnos co noso concello dunha maneira máis doada e rápida. O 010 é o Teléfono do Concello, ao que podemos chamar as persoas que nos atopemos no termo municipal de Lugo e se nos atopamos fóra de Lugo podemos chamar ao número 982 297 350. Outra opción é mandar un correo electrónico ao enderezo 010@concellodelugo.org. E os datos demostran que cada día somos máis os lucenses que empregamos este servizo que nos ofrece o Concello para realizar preguntas, reclamacións ou suxestións.

E quero felicitar ao Servizo 010 do Concello de Lugo polo seu traballo e polo seu bo funcionamento. E tamén agradecerlles ás operadoras do 010 e a Noelia Rodríguez, que é a Coordinadora deste servizo, que nos atendan tan amablemente sempre que chamamos ou lles mandamos un correo electrónico. Sen lugar a dúbidas calquera persoa que empregue este servizo comprobará as súas vantaxes e a gran utilidade que ten. Porque se un cidadán ten unha dúbida sobre como facer algún procedemento relacionado co Concello de Lugo cunha simple chamada verá resolto o seu problema, xa que lle explicarán como ten que facer e deste xeito evitará ter que ir preguntando dun lado a outro. Ou tamén se queremos máis información sobre as actividades que realiza o noso concello non temos máis que chamar. Polo tanto eu animo aos lucenses a que chamen ao 010 cando o precisen.

NOTA: Para ver máis artigos podedes visitar o meu blog: http://diegopena35.spaces.live.com

http://lugo.cidadans.net/diegopenaluaces/2007/10/16/o-servizo-010-do-concello-de-lugo/
1 Comentario - Enviar comentario

IV Comida Veciñal de Tirimol

02/10/2007

Dende a Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Tirimol convocamos un ano máis a tódolos veciños que queiran participar na IV COMIDA VECIÑAL, na honra á Nosa Señora do Rosario, que se celebrará o día 21 de outubro co programa que se detalla a continuación:

Misa Solemne ás 13:00 horas na Igrexa Parroquial.
Comida ás 14:00 horas no Campo da Festa, cuberto cunha carpa pechada lateralmente.
A comida estará amenizada por unha actuación musical.


Menú: Polbo con cachelos, carne ao caldeiro, bebida, postre e café.

Prezo do menú:
Para os socios: 20 euros.
Para os que non sexan socios: 25 euros.


Rógase a tódolos interesados que para poder tramitar a organización do evento comuniquen a súa asistencia o antes posible ao representante da súa zona. (A data tope é o 15 de outubro).

NOTA: Para ver máis información poden visitar o meu blog: http://diegopena35.spaces.live.com

http://lugo.cidadans.net/diegopenaluaces/2007/10/02/iv-comida-vecinal-de-tirimol/
0 Comentarios - Enviar comentario

Bo verán a todos e todas!

12/07/2007

Como non me poderei conectar a Internet dende a miña casa en Tirimol durante o verán, porque a empresa Telefónica de España S.A.U. non nos ofrece polo momento a posibilidade de acceder a Internet funcional básico, a pesar de que é un dereito que temos tódolos cidadáns independentemente de onde vivamos e que está recoñecido pola Lei de Telecomunicacións vixente, así que non poderei actualizar o meu caderno e o meu blog durante o verán. Pero agardo que esta situción pronto cambie e que teñamos Internet en todo o rural do concello de Lugo.

Así que volverei a estar con todos e todas vos a finais de setembro, cando poida acceder a Internet na universidade onde estou estudando, é dicir á volta destas vacacións. E Recórdovos que me poderedes deixar os vosos comentarios ou mandarme un e-mail, xa que á volta lereinos todos e respondereivos ás cuestións que me plantexedes. Polo que vos desexo que pasedes un moi bo verán e a aqueles que disfrutedes de vacacións que pasedes unhas felices vacacións.

NOTA: Para ver máis artigos podedes visitar o meu blog: http://diegopena35.spaces.live.com

http://lugo.cidadans.net/diegopenaluaces/2007/07/12/bo-veran-a-todos-e-todas/
3 Comentarios - Enviar comentario

Grandes Festas en Tirimol

20/06/2007

A parroquia lucense de Tirimol vai a celebrar os vindeiros días 23 e 24 de xuño do 2007, as Festas Patronais na honra a San Xoán. Celébranse no Campo da Festa de Tirimol (que está situado ao lado do Local Social) e están organizadas pola Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva de San Xoán de Tirimol.

Dende a Asociación de Veciños agardamos que estas festas sexan do interese de tódolos veciños e que participen nas mesmas. Porque desta maneira tódolos veciños e os nosos convidados e todos aqueles que nos visiten durante estes días poderán gozar destas festas. Ademais estades tod@s convidad@s a vir ás Festas de Tirimol, porque seguro que o pasaredes moi ben e vos divertiredes moito, porque a diversión está asegurada.

Deséxolles a tódolos meus veciños e a todos os que nos visiten que pasen unhas BOAS FESTAS!

PROGRAMA:

Sábado, 23 de xuño:
Ás 13:00 horas: Misa Solemne
Sesión Vermut e Verbena amenizadas pola Orquestra ALIANZA
Actuación do humorista "O Campurro" (sobre as 12 da noite)
Queima da Fogueira de San Xoán á media noite

Domingo, 24 de xuño:
Ás 13:00 horas: Misa Solemne
Sesión Vermut e Verbena amenizadas pola Orquestra TAMBO

NOTA: Para ver máis información poden visitar o meu blog: http://diegopena35.spaces.live.com

http://lugo.cidadans.net/diegopenaluaces/2007/06/20/grandes-festas-en-tirimol-2/
0 Comentarios - Enviar comentario

Constituída a Corporación Municipal de Lugo

18/06/2007

Este sábado quedou constituída a Corporación Municipal de Lugo na correspondente sesión constitutiva, na que José López Orozco foi investido como Alcalde de Lugo no seu terceiro mandato consecutivo. Deste xeito convértese no primeiro Alcalde de Lugo en repetir no seu cargo por terceira vez grazas á confianza da maioría dos lucenses. A pesar de non ter a maioría absoluta, foi o candidato que obtivo un maior respaldo da cidadanía de Lugo. E deste xeito converteuse no Alcalde de Lugo para os vindeiros catro anos de lexislatura.

Sen dúbida os retos aos que se enfrontan os membros desta Corporación Municipal elixida o pasado 27 de maio polos lucenses son moitos, pero seguro que saberán estar á altura das circunstancias. Porque os lucenses, que queremos o mellor para Lugo, acertamos nesta decisión de elixir as persoas que nos van a representar, porque o pobo de Lugo nunca de equivoca. E agora o que toca é traballar a prol dos intereses de Lugo, algo que queremos tódolos lucenses.

As miñas felicitacións aos membros da Corporación Municipal e ao Alcalde de Lugo, aos que lles desexo moita sorte no seu traballo.

NOTA: Para ver máis artigos podedes visitar o meu blog: HTTP://diegopena35.spaces.live.com

http://lugo.cidadans.net/diegopenaluaces/2007/06/18/constituida-a-corporacion-municipal-de-lugo/
0 Comentarios - Enviar comentario

Grandes Festas en Tirimol

04/06/2007

A parroquia lucense de Tirimol vai a celebrar os vindeiros días 23 e 24 de xuño do 2007, as Festas Patronais na honra a San Xoán. Celébranse no Campo da Festa de Tirimol (que está situado ao lado do Local Social) e están organizadas pola Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva de San Xoán de Tirimol.

Dende a Asociación de Veciños agardamos que estas festas sexan do interese de tódolos veciños e que participen nas mesmas. Porque desta maneira tódolos veciños e os nosos convidados e todos aqueles que nos visiten durante estes días poderán gozar destas festas. Ademais estades tod@s convidad@s a vir ás Festas de Tirimol, porque seguro que o pasaredes moi ben e vos divertiredes moito, porque a diversión está asegurada.

Deséxolles a tódolos meus veciños e a todos os que nos visiten que pasen unhas BOAS FESTAS!

PROGRAMA:

Sábado, 23 de xuño:
Ás 13:00 horas: Misa Solemne
Sesión Vermut e Verbena amenizadas pola Orquestra ALIANZA

Domingo, 24 de xuño:
Ás 13:00 horas: Misa Solemne
Sesión Vermut e Verbena amenizadas pola Orquestra TAMBO

NOTA: Para ver máis información poden visitar o meu blog: http://diegopena35.spaces.live.com

http://lugo.cidadans.net/diegopenaluaces/2007/06/04/grandes-festas-en-tirimol-1/
0 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados