Lugo Castellano  Galego  

foro de debate

por unha sociedade máis libre

A CORRUPCIÓN

18/06/2008

Eu sigo erre que erre e dálle-que-dálle.
O de Estepona nin é un caso aillado (quedan moitos por destapar), nin é nada novo, nin nada sorprendente.
A CORRUPCIÓN NON SE ACABA PORQUE OS PARTIDOS POLÍTICOS NON QUEREN ACABAR CON ELA.
Nin o Psoe, nin o Pp, nin o Bng.
HAI FÓRMULAS SENCILLAS E INFALIBLES.
Eu xa teño falado delas neste foro.
HAI CORRUPCIÓN PORQUE NON HAI CONTROL.
Lémbremos un: ningún partido onde goberna quere que a oposición teña acceso aos expedientes administrativos e pon todas as trabas habidas e por haber e así non hai maneira.
PRIMEIRA REGRA DE OURO: que calquera membro da oposición (nos concellos os concelleiros, nas deputacións os deputados, nos parlamentos os parlamentarios en relación cos parlamentos e cos gobernos autonómicos) POIDA EN CALQUERA MOMENTO VER CALQUERA EXPEDIENTE, só con acreditar a súa condición de concelleiro, deputado, etc.
Esta sería a primeira, necesaria pero non suficiente. Xa teño falado doutras en relación co urbanismo, coas contratacións, co persoal...
NON SE QUERE, que si se quixera SI que se acabaria coa corrupción ou cando menos saltaría ás primeiras de cambio e non cando pasan anos...

http://lugo.cidadans.net/estevez/2008/06/18/a-corrupcion/
3 Comentarios - Enviar comentario

NOVA NOVELA NA REDE

11/06/2008

Esta novela vén a completar o ciclo iniciado con Víctimas da ira na que xa aparecían dous personaxes que son os protagonistas doutras dúas obras: Xoel, que deu lugar á novela do mesmo nome, e Dilois que dá lugar a esta.
Morte na muralla, que forma parte do mesmo ciclo é unha historia contada pola afillada de Dilois e polo fillo de Xoel.
Podemos difinir ao Dilois como un galego ferozmente nacionalista, comunista... algo descafeinado e homosexual.
Como ser humano que é entra ao longo da súa vida en diferentes contradiccións, e aquí deixa constancia dalgunha delas.
Viaxa a Donosti ao festival de jazz e de camiño e por unha vez visita os tres estrelas Michelín: Arzak, Berasategui e Akelarre.
PODE LERSE E DESCARGARSE GRATIS NA PÁXINA WEB: mortenamuralla.com
Tamén se despraza a Granada para asistir ao Hay Festival Alhambra, logo de facer unha parada en Córdoba...
En fin, que o protagonista ten a palabra e será el e só el o responsable do que narra, do que nos conta e de cómo o conta e nós os que podemos disfrutar e no seu caso xulgar sobre o acerto, interese, calidade, etecé, etecé.

http://lugo.cidadans.net/estevez/2008/06/11/nova-novela-na-rede/
0 Comentarios - Enviar comentario

FACER O BURRO

31/05/2008

O enfrontamento entre a policía local e os dirixentes municipais é de película e... de vergoña.
Que teña que ser o TSXG o que lles permita aos policías manifestarse xa lle ronca, cando os que gobernan pasan por ser defensores das liberdades sindicais e algún, o concelleiro do ramo, incluso estivo loitando por elas de xeito directo...¿Que fai o cargo para que se cambie de conductas...?
¿Manifestarse...?
¿Por que non...?
Se teñen a razón hai que dárllela e senón por manifestarse non a van a conseguir, pero un dereito básico, constitucional como é ise ¿como se pode negar, meu deus? E para máis inri porque coincide cun acto anticonstitucional como é o tinglado ise do corpus...¿non estamos nun estado aconfesional, señores do Psoe...? ¿En que quedamos...?
De pena.
Malas formas, malas conductas, pouca eficacia.
Eu podo estar de acordo en que o tema da policía local é un "tema quente", con moitas inercias que cómpre variar, etc. pero fágano dunha vez e déixense de lerias. En Coslada tamén alongaron o asunto e así acabou e non estou a dicir que en Lugo pase o mesmo, que non o sei, pero o que si sei é que se os que "mandan" non o fan e conforme a dereito, aquí o que se implanta é reino "do máis forte" e xa se sabe... Señores, tomen en serio o tema, que se nos pode escapar das mans por facernos o andrés. Non hai pero caldo de cultivo para a corrupción que acusar de corrupción sen demostrala, acusar de ineficacia sen implantar medidas correctoras, etc. etc. Zapateiro aos teus zapatos.

http://lugo.cidadans.net/estevez/2008/05/31/facer-o-burro/
0 Comentarios - Enviar comentario

¡ADEUS, ENTROIDO!

07/02/2008

Terminou o carnaval e Pepiño Blanco non renunciou á candidatura ao Congreso dos Deputados por Lugo. Está visto, e non me doen prendas en confesalo, que o que subscribe estaba mal, moi mal informado. O ruxe-ruxe levoume por mal camiño e non dei pé con bóla. O meu despiste é dos que fan época. Xa mo dicía un veciño case centenario, moi paisano el pero que “seiche máis por vello que por zorro”: ningún desde quese monta no machito renuncia ás prebendas, meu neno.
Porén, os bispos erre que erre, dispostos a excomungar aos acólitos que voten á esquerda. ¡Vade retro!. Pero, entón se D. José non renuncia e el non pode votar á súa propia candidatura ¿que faremos os outros...? Xa sei que hai outras candidaturas, xa o sei, e que todas son cando menos tan atractivas como a que encabeza o Lupe, pero a min caíame simpática esta ¡que lle vou facer! E agora resulta que entro en graves tribulacións, case non durmo e polo día a conciencia remoe que remoe... Enterrei a sardiña pero non o mal sabor de boca e así non se pode vivir.
¿Que pecado teremos cometido o común dos mortais deste país para merecer uns políticos coma estes e uns bispos vociferantes coma os presentes...?
¡Se este é o mundo que eu fixen, que o demo me leve!
¿E non será esta frase que o Valentín Lamas Carvajal pon na boca de deus a causa de todos os nosos males...? ¿Non será que o mesmo deus perdeu a confianza en si mesmo...?
Andar e ver e ¡coidado coa coaresma!

http://lugo.cidadans.net/estevez/2008/02/07/adeus-entroido/
1 Comentario - Enviar comentario

¡¡¡ÚLTIMA HORA!!!

02/02/2008

Fontes ben informadas avisan de que Zapatero lle pediu a Touriño que ou cambio o discurso ou que presente a demisión.
Seica o Psoe non pode con tanto lastre: os curas, os lilainas, os sosóns...
Tamén apuntan que Pepiño Branco está a piques de renunciar á sùa candidatura por Lugo.
¿A razón?
Que a súa conciencia de cristiano, apostólico e romano non lle permite apoiar a un partido que defende o aborto e que dialogou con ETA.
Cómpre estar atentos aos vindeiros días, que se aveciñan novas saborosas.

http://lugo.cidadans.net/estevez/2008/02/02/ultima-hora/
1 Comentario - Enviar comentario

IMPLICADAS

29/01/2008


“Para Implicadas/os no Desenvolvemento (w.w.w. implicadas.org)... A nosa organización traballa desde a súa fundación en 1998 a prol dun mundo onde a cidadanía do norte en xeral e galega en particular entenda a súa incidencia directa sobre a vida de millóns de persoas que viven na pobreza extrema (...) Pero se dúas cousas nos caracterizan ademais especialmente son o noso compromiso de xénero e o noso afán por implicar a cultura neste proceso como parte fundamental do cambio”.

No libro VANAKKAM / BENVIDAS publicado por Implicadas figuran estes versos de Sukirtharani, poeta támil,unha das voces máis fortes que se alzan dende o feminismo contra o sistema de castas e a favor do empoderamente feminino contra o discurso patriarcal, segundo se nos informa:

Saúdote
con palabras iracundas e potentes
coma ondas
sen peso pola luz,
que descansan,
nas fendas das rochas antigas.

http://lugo.cidadans.net/estevez/2008/01/29/implicadas/
0 Comentarios - Enviar comentario

AUDITORIO CÉNTRICO

22/11/2007

Unha proposta:
Auditorio na actual estación de autobuses.
Estación de autobuses: hai varias solucións, céntricas e menos céntricas. A mellor segundo se pense nos autos ou nas persoas. Para estas últimas entendo que mellor céntrica, por exemplo (e hai moitos espacios libres) detrás do Asilo (hai que ter en conta que as estacións en xeral ocupan moi pouco espacio: Burgos, Donostia, Vitoria, etc.)

http://lugo.cidadans.net/estevez/2007/11/22/auditorio-centrico/
2 Comentarios - Enviar comentario

XVII FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO

12/11/2007

XVII FESTIVAL DE JAZZ DE LUGO


12-17 DE NOVEMBRO DE 2007


12 DE NOVEMBRO

Joaquín Chacón "Spanish Standards Project" 20h00 Auditório Caixa Galiza

Sachal Vasandani 21h30 Círculo das Artes

Aguardiente Swing Quartet 23h30 Clube Clavicémbalo


13 DE NOVEMBRO

20h00 Auditório Caixa Galiza Arturo Serra Trio

21h30 Círculo das Artes John Scofield Trio plus Horns featuring: Steve Swalow & Bill Stewart

23h30 Clube Clavicémbalo Roberto Somoza Quartet


14 DE NOVEMBRO

Luis Nacht Quartet 20h00 Auditório Caixa Galiza

Joe Locke Quartet Con Jonathan Kreisberg, Jay Anderson & Joe La Barbera 21h30 Círculo das Artes

Mr. Dixie Jazz Band 23h30 Clube Clavicémbalo


15 DE NOVEMBRO

19h00 Salão de Actos da Escola de Magistério J. Pablo Arredondo Quartet

20h30 Círculo das Artes Aruán Ortiz Quartet

23h30 Clube Clavicémbalo Carlos López Quartet


16 DE NOVEMBRO

Legacy 12:30 Auditório da Faculdade de Veterinária

Alboran Trio Paolo Paliaga, Gigi Biolcati e Dino Contenti 20h30 Círculo das Artes

Legacy (Cannonball Adderley Legacy) 24h00 (00h00) Clube Clavicémbalo


17 DE NOVEMBRO

Third World Love Avishai Cohen, Omer Avital Daniel Freedman e Yonatan Avishai 20h30 Círculo das Artes

Xavi Reija Electric Quartet 24h00 (00h00) Clube Clavicémbalo

***

Auditório Caixa Galiza, Círculo das Artes e Universidade: ENTRADA LIVRE (Capacidade limitada)

***

http://lugo.cidadans.net/estevez/2007/11/12/xvii-festival-de-jazz-de-lugo/
0 Comentarios - Enviar comentario

O AUDITORIO

25/09/2007

A nosa cidade, mentres sigamos empeñados en manteñella e non emendalla, continuará sen auditorio.
Dende o principio dos tempos estaba claro que San Fernando non é o lugar axeitado, máis alá de Icomos.
Non hai aparcamentos para a xente que veña de fóra, non permite que grandes trailers das compañías poidan descargar, etc, etc.
Pero, erre que erre, cacholáns, por non dar o brazo a torcer, o tempo pasa e, supoño, que para o século XXII, con outros gobernantes, teremos posibilidades, aínda que o malo é que moitos non o imos a disfrutar...
¿ALTERNATIVAS...?
A montóns, e sempre mellores ca de SF.
Unha, a modo de exemplo:
O vello pavillón de deportes.
Céntrico.
Con bos accesos.
Non estropeamos nada, xa que agora ¡por fin! hai sintonía coa Diputación e pódese sacar proveito ao novo pavillón, que por si mesmo ou con algunha instalación complementaria ao ser redor cubre todas as necesidades de Lugo...
Por outra banda, está en trámite o PXOUM e calquera cambio é posible.
E por último, alí pódese faver un edificio singular, acorde coas vangardas arquitectónicas, que dea renome á nosa cidade, porque o terreo e o espacio permíteno e as perspectivas visuais son inmellorables. Un edificio que complemente o atractivo da nosa cidade. Un exemplo: Oporto.

http://lugo.cidadans.net/estevez/2007/09/25/o-auditorio/
3 Comentarios - Enviar comentario

¿E POR QUE PERDEU AS ELECCIÓNS O SR. OROZCO....?

20/08/2007

¿Curioso que os do "sindicato do ladrillo" estén tan caladiños co novo PXOUM e coa xestión dun goberno socialista...?
Non, un entendemento bo.
Pero, ao mellor, algún elector das "anteriores" non o entendeu así e ¡que lle imos facer!
Entre algúns "progresistas" que perdeu e algúns que votaron "contra o Alcalde" (asociacións de veciños que se reuniron o venres anterior e que o sábado fixeron campaña boca a boca en contra)... en fin, pequenas cousas que fan un gran dano.

http://lugo.cidadans.net/estevez/2007/08/20/e-por-que-perdeu-as-eleccions-o-sr-orozco/
5 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados