Lugo Castellano  Galego  

foro de debate

por unha sociedade máis libre

O AUDITORIO

25/09/2007

A nosa cidade, mentres sigamos empeñados en manteñella e non emendalla, continuará sen auditorio.
Dende o principio dos tempos estaba claro que San Fernando non é o lugar axeitado, máis alá de Icomos.
Non hai aparcamentos para a xente que veña de fóra, non permite que grandes trailers das compañías poidan descargar, etc, etc.
Pero, erre que erre, cacholáns, por non dar o brazo a torcer, o tempo pasa e, supoño, que para o século XXII, con outros gobernantes, teremos posibilidades, aínda que o malo é que moitos non o imos a disfrutar...
¿ALTERNATIVAS...?
A montóns, e sempre mellores ca de SF.
Unha, a modo de exemplo:
O vello pavillón de deportes.
Céntrico.
Con bos accesos.
Non estropeamos nada, xa que agora ¡por fin! hai sintonía coa Diputación e pódese sacar proveito ao novo pavillón, que por si mesmo ou con algunha instalación complementaria ao ser redor cubre todas as necesidades de Lugo...
Por outra banda, está en trámite o PXOUM e calquera cambio é posible.
E por último, alí pódese faver un edificio singular, acorde coas vangardas arquitectónicas, que dea renome á nosa cidade, porque o terreo e o espacio permíteno e as perspectivas visuais son inmellorables. Un edificio que complemente o atractivo da nosa cidade. Un exemplo: Oporto.

http://lugo.cidadans.net/estevez/2007/09/25/o-auditorio/
3 Comentarios - Enviar comentario

Comentarios:

  • 1. Dende logo tes razón en que o Cuartel de San Fernando non é a millor alternativa, pero a ver quen lle mete a idea na cachola o señor alcalde, non hai maneira, ultimamente ten unha prepotencia que non é moi normal, lonxe están aqueles primeiros 4 anos de mandato no que si se lle podía dicir o que estaba mal feito.

    Publicado Firma E Tacha María Carracha | 10/10/2007 14:10:26
  • 2. Totalmente de acordo coa tua exposición, creo que o tema da ubicación en outro lugar, bulio pola mente do Goberno municipal no momento de definir a su ubicación, pero daquela, con unha plataforma pro-centro, politicamente quen lle poñia o cascabel o gato.
    Así foron as cousa e agora a perder o tempo. A este paso e como non presione de verdade a cidadanía e o manden anque sexa para o poligono das Gandaras, Lugo nunca terá Auditorio de verdá.

    Publicado Asociación Veciñal "Porta ... | 29/10/2007 23:24:30
  • 3. ¿O auditorio en Magoi, entre edificios de vivendas...?
    ¿E que edificio singular se pode facer aí que marque época, se non está nun espacio aberto...?
    Penso que imos a perder outra boa oportunidade e que por falta de "sentidiño común" e por cortedade de miras Lugo, unha vez máis, carecerá de algo que podía ser un referente máis alá dos nosos fuciños.
    Pero, os gobernantes que temos son os que son e ao mellor son os que nos merecemos.

    Publicado estev | 14/11/2007 10:28:49

Facer comentario

Puedes realizar comentarios utilizando tu nombre de usuario y contraseña. Si aún no tienes un nombre de usuario y contraseña, pincha aquí para registrarte en Cuadernos Ciudadanos.



Recuperar contraseña



 


authimage


(Fixar cookies para o nome, email & url)

Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Algúns dereitos reservados