Cadernos de Lugo Lugo.Cidadáns.NetConcello de LugoEuropaPress.NET

Cadernos de Lugo

Galego | Castellano

foro de debate

por unha sociedade máis libre

¡ADEUS, ENTROIDO!

xoves, 07 de febreiro de 2008 15:53

Terminou o carnaval e Pepiño Blanco non renunciou á candidatura ao Congreso dos Deputados por Lugo. Está visto, e non me doen prendas en confesalo, que o que subscribe estaba mal, moi mal informado. O ruxe-ruxe levoume por mal camiño e non dei pé con bóla. O meu despiste é dos que fan época. Xa mo dicía un veciño case centenario, moi paisano el pero que “seiche máis por vello que por zorro”: ningún desde quese monta no machito renuncia ás prebendas, meu neno.
Porén, os bispos erre que erre, dispostos a excomungar aos acólitos que voten á esquerda. ¡Vade retro!. Pero, entón se D. José non renuncia e el non pode votar á súa propia candidatura ¿que faremos os outros...? Xa sei que hai outras candidaturas, xa o sei, e que todas son cando menos tan atractivas como a que encabeza o Lupe, pero a min caíame simpática esta ¡que lle vou facer! E agora resulta que entro en graves tribulacións, case non durmo e polo día a conciencia remoe que remoe... Enterrei a sardiña pero non o mal sabor de boca e así non se pode vivir.
¿Que pecado teremos cometido o común dos mortais deste país para merecer uns políticos coma estes e uns bispos vociferantes coma os presentes...?
¡Se este é o mundo que eu fixen, que o demo me leve!
¿E non será esta frase que o Valentín Lamas Carvajal pon na boca de deus a causa de todos os nosos males...? ¿Non será que o mesmo deus perdeu a confianza en si mesmo...?
Andar e ver e ¡coidado coa coaresma!

http://lugo.cidadans.net/estevez/42907
1 Comentarios  -  Envía o teu comentario

+ ver máis >>

Comentarios

  • E ti ches segues votando.
    ¿De que te queixas?

    Ras - 08/02, 11:39

Envía o teu comentario


 
 
 
Copie el código que aparece en la imagen.
 Condicións de publicación de comentarios
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algúns dereitos reservados
Algúns dereitos reservados