Fogos Artificiais
10/10/2007
A "metralla" do San Froilán a verdade e que congrega a moita xente, como por exemplo na rúa dinán dende onde se ve perfectamente o espectáculo, pero claro, hai un problema (grande ou pequeno) pero problema en definitiva.
Moitos dos restos desa pirotecnia caen sobre os coches perfectamente estacionados o redor do cuartel da garda civil, e dicir, Praza Bretaña e Rúa Dinán, pero non son só restos de papel, tamén pequenas folerpas que deixan os coches feitos un demo, tremendamente difícil de limpar despois, e unha vez limpos se tes sorte esas pequenas folerpas non te comeron a pintura do coche como me sucedeu a min.
¿Quén é o culpable?, dende logo eu non.
ICOMOSexplica Esto :)
05/10/2007
Teño que poñer este artigo publicado no xornal La Voz De Galicia, non podo evitalo, non farei ningún comentario, cada quen que saque as súas propias conclusións:
La onegé Icomos, que asesora a la Unesco, se amparó en el trabajo realizado por una estudiante de la Facultad de Humanidades, que preparaba su doctorado, para pronunciarse reiteradamente en contra de la ubicación del auditorio en el cuartel de San Fernando. El estudio, que contaba con la supervisión de la profesora Ana Goy, que era la encargada de la dirección de la tesis doctoral, fue enviado a la citada organización y basándose en el mismo emitió dos informes desfavorables a la pretensión del equipo municipal de gobierno.
La autora de la tesis, María Jesús Regueiro Burgo, sostiene en la misma que el cuartel es el único edificio que se conserva en España de los cuatro que fueron construidos en la época de Carlos III para ser destinados a inválidos del Ejército. De que su informe fue decisivo para las resoluciones del Icomos dieron cuenta ayer los participantes en una tertulia del programa Voces de Lugo de Radio Voz. Fue el presidente del colectivo cultural María Castaña, Isidoro Rodríguez, quien desveló lo que hasta ahora se desconocía. Es más, entre algunos miembros de la plataforma anti colocación del auditorio en el cuartel, había un pacto para mantener el secreto hasta que, por lo menos, pasasen las elecciones municipales.
Rodríguez dijo que el valor histórico del cuartel había sido dado a conocer por la estudiante y la profesora. Recordó que, en su momento, se intentó crear una cortina de humo sobre las polémicas decisiones, «incluso cargando as tintas de que eran intereses políticos que, dende logo non houbo».
«O informe do Icomos partiu dese traballo da alumna e profesora do terceiro ciclo de Humanidades», indicó Isidoro Rodríguez quien, además, advirtió de que las autoras habían informado del contenido del mismo a las autoridades locales antes de su envío al Icomos. «As autoridades coñeceron puntualmente o informe. O demáis non son máis que cortinas de fume. Ao mellor aquel non era o momento máis adecuado para montar unha historia», apuntó el representante de María Castaña.
En la tertulia también participó Tonina Gay, vinculada al Club Cultural Valle Inclán, quien también sostuvo que el citado trabajo «deu pé para que o Icomos actuase». Recordó, además, que en algún momento se le había vinculado a ella y al Valle Inclán con las decisiones de la oenegé». La que fue una de las radiofonistas más veteranas de Lugo dijo que el cuartel de San Fernando debe ser defendido. Se refirió, incluso, a un pacto para no desvelar de dónde había partido la decisión del Icomos. «Non queríamos que os intereses culturais interferiran no momento previo as eleccións. Mereceu a pena calar pero, neste momento, xa non hai por que ocultalo», dijo Isidoro Rodríguez.
En la tertulia también quedó de manifiesto que la profesora y su alumna habían hablado de la investigación con Orozco
DNI (Ou Como Morrer No Intento)
27/10/2006
¿Tes que renovar o teu DNI? .... pois a levas clara jejeje.
Dende fai unha tempada, renovar ou facer o Documento Nacional de Identidade (DNI) resulta toda unha odisea, polo menos na cidade de Lugo.
Lugo entra nas "novas tecnoloxías" pois xa se expende o novo DNI Dixital (que avance, seguro que é un logro de Orozco) o principal problema e que tes que ir a primeira hora da mañá "a sacar número" igualiño que nos supermercados, ata eiquí todo parece do "máis normal", pero NON, non resulta tan doado esta experiencia.
Luns, a primeira hora da mañá, xusto antes de que abran as oficinas da Policía Nacional (Sección DNI) chega servidor e atópase xa un carreiro de xente agardando, unha vez entras saco número (42), dinme que podo vir máis tarde para a renovación (xa empezamos), pasa 1 hora, chego de novo a comisaría e pregúntame un amable policía con cara de perro e poucas gañas de traballar que número teño, dígolle que o 42 e coa súa delicadeza e impecable fala dime: "HOY SOLO SE HACEN 40, ASI QUE VENGA USTED MAÑANA A SACAR NUMERO, O POR LA TARDE DE LUNES A JUEVES DE 15 a 17 Y EN ESTE HORARIO NO HACE FALTA SACAR NÚMERO).
"Mala chispa te foda madeiro do carallo" .... foi a miña 1ª reacción, craro que no pensamento, non sexa que vaia directo o calabozo que debe estar pretiño (coa ilusión que me fai ir nun coche policial non lle darei o gustazo de determe alí mesmo).
2 horas perdidas, e 2 horas descontadas na miña nómina, xa non podo pidir máis horas pq senón o final debereille eu cartos os meus xefes.
Xoves, 15:06 h. chego a comisaría de policía e 3 axentes "empotrados" na porta, un préguntame que quero (así sin máis), "Veño a renovar o DNI" - digo eu todo sorrinte - "Lo siento pero hay demasiada gente, ya nos dieron orden desde dentro que no pasara nadie más de momento, puede volver más tarde" .........GRRRRRRRRRRR
1 hora despois volvo a Comisaría, e o policía nada máis verme di: MIRA, LO SIENTO, PERO TENDRÁS QUE VENIR OTRO DÍA".
Estou farto, dame igual que me poñan unha multa, pero non penso renovar o meu DNI.
Non sei de quen carallo é a culpa, o que si lles podo asegurar e unha cousa: A CULPA NON E MIÑA COÑO
San Froilán Rematou
17/10/2006
Que dicir das millores Festas de toda Galicia (evidentemente cada quen defende as súas, pero eu que son de fóra digo que para o meu gusto si son as millores).
As Festas no as fan os políticos, eles propoñen, iso queda claro, pero as Festas de San froilán quen as fai é o pobo de Lugo e os miles de festeiros que nos visitan cada ano.
Tampouco me doen prendas en felicitar en primeiro lugar a concelelira Concepción Burgo polo excelente programa de este ano (evidentemente podería ser millor, pero para iso estamos os cidadáns,para dicir si ou non).
POSITIVO:
- En 1º lugar sen dúbida a xente que desfrutamos na rúa destas festas.
- A pregoeira de este ano, a millor gaiteira do Mundo, Susana Seivane, polo sentido pregón do día 4 e polo exquisito concerto do Domingo das Mozas, non podo deixar de pasar por alto o seu trato exquisito con servidor e algúns máis o rematar o concerto.
- O resto de artistas que deixaron a pel sobre o escenario (evidentemente uns máis que outros).
- A boa animación nas rúas, aínda que sigo pensando que esta debería ser moita máis, especialmente con grupos folclóricos da nosa terra, porque gustábame ver como cando pasaban os gaiteiros, a xente que por exemplo estaba nunhas terrazas sentados erguíanse e bailaban sen complexos (como debe ser)
NEGATIVO:
- A prepotencia de algúns policías (unha minoría por certo, pero que deron unha imaxe nefasta a moita xente que se achegaba a Lugo).
- A mala educación, grosería e bordería de un barraquista (si, ese do mal chamado "toros mecánicos"), pensei que sería que ese día pois as cousas non lle saíran moi ben, pero non, as súas groserías e faltas de respeto a xente foron constantes practicamente tódo-los dias, problema teu xefe, as túas actitudes evitaron que o negocio che fose moito millor polo que eu observei en algunhas persoas decididas a subir e que evidentemente deron marcha atrás :).
- A Pérgola do Parque Rosalía, jajaja, si, unha vez máis deu unha imaxe nefasta da cidade (eu como o noso alcalde, gústame observar as reacións da xente e tomar nota, podo dicir que non quedou neste senso moi ben parado o parque).
- Os conductores, que parecen acostumados sempre a que teñen que levar o seu coche xusto "diante da porta", a ver, que iso non pode ser .... imposible concienciarnos.
Polo xeral parecéronme unhas boas Festas e polo anto as miñas felicitacións a corporación Municipal, os habitantes de Lugo e tamén a tódo-los visitantes.
Vémonos no San Froilán 2007
http://www.youtube.com/watch?v=cSRc1Sw73AU
http://www.youtube.com/watch?v=cSRc1Sw73AU
http://www.youtube.com/watch?v=cSRc1Sw73AU
Sr. Orozco
23/08/2006
Sr. Alcalde de Lugo:
Dentro de pouco tempo os cidadáns seremos de novo convocados a exercer o noso dereito o voto nas eleccións municipais de 2007.
No 2003 o seu grupo conqueriu unha maioría rotunda outorgada polo pobo de Lugo entre os cales me atopo, nese ano admito que o meu voto foi para vostede pois consideraba que quedaba moito por facer por esta cidade e que os 4 anos anteriores governando en coalición co BNG non eran suficientes e o traballo fora realmente magnífico.
Neste derradeiros 4 anos a pesar de ter vostede a maioría absoluta, considero que os avances non foron tantos como nos outros 4 anos.
¿Qué vai prometer vostede nestas novas eleccións?, ¿teremos rematado o novo auditorio?, ¿estará rematada ou empezada as obras no mirador do Parque Rosalía de Castro?, fai 1 ano case levei a uns familiares por alí e como eles dixeron: "están en obras, cando o rematen quedará precioso", este ano foron de novo por alí e dixeron que parecía aquilo as eternas obras de Madrid :) canta razón teñen pois está igualiño que fai 1 ano.
Moita sorte nas eleccións do 2007, non sei porque penso que a pode precisar a pesar de que outros partidos políticos tentan rescatar "vellas glorias" que nin funcionaron nin funcionarán.
VERÁN E ALGO MÁIS
12/07/2006
Chegou o verán, felicidades para quenes estén de vacacións e para aqueles que non podemos desfrutar de esos días de descanso que tanto estipulan os contratos de traballo pois mágoa, a fastidiarse ou a buscar unha amiga concelleira que te coloque nun posto do Concello .... por poñer un exemplo claro.
Outros seguiremos opositando e deixándonos os cornos diante dos libros mentres o día do examen chega o veciño de tal e saca praza (pq estudiou máis .... como non jejeje, non é por enchufe home), outros seguiremos agardando un traballo prometido que nunca chega .... "las palabritas se las lleva el aire" .... e a outras seguramente as levará unhas eleccións democráticas :), mentres seguirei matándome no traballo por 400 míseros €, estudiando polas noites e sen ter vacacións, claro que sempre nos queda o río Miño para sofocar estos calores da estapa estival na que estamos, bueno non, o río Miño como que tampouco, pois como non te fagas socio do clube fluvial (seguro que é moi baratiño jejejeje), debería Lugo aprender un pouco por exemplo de Vilalba e da súa praia fluvial.